8 de feb. de 2012

O COLMO DA XUSTIZA. O INCUMPRIDOR DA LEI É O DENUNCIANTE.

O vindeiro dez de febreiro no Xulgado de Instrucción Nº 2 de A Coruña vai ter lugar unha desas cousas raras que pasan na xustiza, que un xuiz vai xulgar a denuncia que presenta outro xuiz. O presidente da Mesa pola Normalización Lenguistica e portavoz da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, será xulgado por unha denuncia que presentou contra él o xuiz decano de A Coruña Fraga Mandian.
O motivo é que Callón replicou unhas declaracións que os medios de comunicación puñan na boca de Fraga Mandían no transcurso dun xuizo no que dicia “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña” e o tio quedouse tan pancho, aínda encima que el, presuntamente, se dixo isto, incumpre a Ley, ainda por riba denuncia o compañeiro Callón. Así esta a xustiza neste país. Con tal motivo animan a todos a apoiar a Carlos Callón e facer unha concentración o mesmo día do xuizo ás 12 horas diante do meritado xulgado.


ENTREVISTA A CARLOS CALLÓN EN GALICIA CONFIDENCIAL , unha páxina web  "nacionalista" de dereitas.
      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: