As descargas realizáronse nos portos de Cambados e Rianxo. Medio centenar de barcos da zona de Arousa saíron
a faenar enArousa. As confrarías mostráronse satisfeitas pola calidade das pezas. A frota de víeira iniciou este mércores a campaña de recollida en Cambados tras un ano sen faenar, e fíxoo cuns resultados "excelentes", xa que houbo que devolver ao mar media tonelada de xénero ao exceder a pesaxe as cotas autorizadas, explicou Francisco Míser, voceiro da frota.
Na primeira xornada da campaña de extracción participaron medio centenar de
embarcacións de Rianxo, o Grove e a
maioría de Cambados, na zona do Galiñeiro,
moi preto de terra.
Os barcos capturaron os topes en tan só dúas horas, tras as cales regresaron a
porto con algo máis de tres toneladas de marisco.
A 4,20 EUROS A PEZA
Miser precisou
que a vianda é tan carnosa que "descontrolou un pouco" os cálculos, e
que ao proceder á pesaxe na lonxa houbo que devolver ao mar parte da carga.
Cada barco pode extraer 75 quilos por día, a peza non poderá ser menor a 11,5 centímetros e
o prezo de venda será de 4,20 euros o quilo.
A confraría de Cambados constituíu
unha empresa para proceder á evisceración da vieira antes de colocala no
mercado que está en entredito por moitos socios da confraría.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario