15 de feb. de 2012

CURSO DE BUQUES RO-RO GRATIS EN VILANOVA.

Vaise facer  un  curso Buques Ro-Ro de pasaxe en Vilanova de Arousa dende o día 20/02/2012 ata o día 24/02/2012, polas tardes. É necesario estar de alta na Seguridade Social no réxime de Mar. Interesados enviar correo electónico a contacto@toursriasbaixas.com Data límite de inscrición: Xoves 16 de Febreiro. O curso é totalmente GRATIS!
RO-RO é un acrónimo do termo inglés Roll On-Roll Off, co cal se denomina a todo tipo de buque, ou barco, que transporta cargamento 
rodado, tanto automóbiles coma camións.
Cando, ademais, transporta pasaxeiros descríbese co nome técnico ou acrónimo de RO-PAX, aínda que, coloquialmente, os buques de pasaxe de transbordo rodado se lles coñece como ferries.
Os Ro-Ro a miúdo teñen ramplas construídas no barco ou fixas en terra permiten que descargar o cargamento (roll off) e cargalo (rollon) dende o porto. En contraste, os colectores «o-o» (lift on-liftoff, algo así como, levantar e baixar, necesitan unha grúa para cargar e descargar o cargamento.


Aos buques que transportan unicamente automóbiles adóitaselles denominar Car Carriers. O máis grande en servizo na actualidade é o MV Mignon, que pertence e é operado por Wallenius Wilhelmsen Lines de Suecia, pode transportar preto de 7.200 coches. Actualmente está en servizo o Tonsberg buque da serie Mark V, cunha capacidade de 8.000 CEU (unidades equivalentes de automovil), que foi construído en Xapón e fixo a súa viaxe inaugural ata o porto de Tacoma, en EUA.
Crowley opera o barco Ro-Ro máis grande do mundo entre Estados Unidos e Puerto Rico, que leva camións, colectores, coches usados e novos, e mercadorías en tres plantas. Estes barcos son arrastrados por remolcadores e navegan catro veces á semana dende Jacksonville (Florida) a San Juan (Puerto Rico).
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: