15 de feb. de 2012

OS IRMANDIÑOS VANSE……PERO NON SE VAN

Un cando toma unha decisión tena que tomar con todas as consecuencias e non debe nunca ficar entre medias porque esa e a peor das decisións, xa dixen que o outro dia estiven na Asemblea dos irmandiños e vin moitas gañas de marchar do BNG incluso houbo quen dixo que tamén había que abandonar a CIG, había que desmarcarse como fora do BNG, non vai a ser que lles contaxie unha terríbel enfermidade. Non entendo que teñas tanta xenreira  cara a quen quen fai pouco foi teu “irmán político”, todos aplaudiron a marcha e agora queren 
gobernar xunto co BNG, que alguén mo explique. O outro día con moi bo criterio Guillerme Vázquez díxolle os Irmandiños que debían devolver o BNG os cargos institucionais conseguidos dentro desta formación porque eticamente son do BNG, Beiras en troques di  , equivocadamente o meu parecer,  que deixar a militancia dunha forza política non implica a saída do grupo municipal, alguén me pode explicar como se come isto. E como se un matrimonio se separa e xuiz lle concede a vivenda a un dos conxuxes o outro lle di "Non che importa que viva contigo na casa", incrible. Tamén di Beiras que hai moitos grupos nos que participan persoas independentes que non son  militantes do mesmo, e pregúntome eu, iso que ten que ver, ti débeste a unhas siglas e comprometeste con esas siglas para ben ou para mal. Lendo as redes sociais que  estes dias botan fume, a xenreira do outro día da asemblea irmandiña estase a multiplicar por todas a redes mentres que a maioría dos que ficaron no BNG estanse poñendo a traballar para tirar do carro para diante agora que ninguén pon xa pedras no camiño. Se os irmandiños foran un pouco consecuentes, debían entregar todos os cargos institucionais conseguidos coas siglas do BNG, é de xustiza.

LAMENTABLE A POSICIÓN DE MARTIÑO NORIEGA EN TEO,  LEO EN GALICIA CONFIDENCIAL
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

AFP dixo...

O único que vos preocupa son os cargos?! Non hai autocrítica nunca? Se medísedes ben o distinto que é a sociedade da militancia do partido daríadesvos de conta a onde conduciu o resistencialismo dos PC nos 70-80, e como se superou con frentes amplas e plurais o impas ultraliberal en América Latina ou a fase ANPG na Galiza co modelo do BNG de 1982. Porén é lástima que só podades ollar para o voso embigo.
Conste que lle desexo o mellor para o BNG, mais así seguirá moi lonxe de conquistar a HEXEMONÍA, premisa base para trasformar a sociedade e non ficar nunha teoloxía moi revolucionaria mais de nula incidencia social. Saudos amistosos.