¿POR QUE AS CAIXAS ESTÁN EN QUEBRA?
• Abandonaron a súa histórica dedicación á vivenda de protección oficial para meterse na especulación en bolsa e urbanística.
• Os seus directivos se esqueceron que eran empregados e administradores dos cartos
de outros e comportáronse coma propietarios ricos e déspotas; retribucións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillonarios, concesión de préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos…
de outros e comportáronse coma propietarios ricos e déspotas; retribucións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillonarios, concesión de préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos…
• O Banco de España, en lugar de supervisar ás Caixas, como é a súa obriga, dedicouse a outros asuntos que non lle competen, como dar consellos sobre como abaratar o despido.
Tras afundir as Caixas nas que estaban depositados a meirande parte dos aforros dos galegos, fóronse tranquilamente para as súas casas con indemnizacións millonarias pagadas por todos nós:
• JOSE LUÍS MÉNDEZ: Exdirector xeral de Caixa Galicia. Recibiu 15.000.000 €, o equivalente a contratar 441 profesores durante un ano.
• JOSE LUIS PEGO: Exdirector xeral de Caixanova. Recibiu 10.800.000 €, o equivalente a contratar 240 médicos durante un ano.
• GREGORIO GORRIARÁN: Expresidente dos consellos de administración de NCG División Grupo Inmobiliario, S.L. e de Financeira Inmobiliaria Proinova, S.L. Recibiu 7.500.000 €, o equivalente a contratar 220 enfermeiras durante un ano.
• JAVIER G. PAREDES: Exdirector xeral adxunto de Novacaixagalicia. Recibiría 3.500.000 €, o equivalente ao que cobran 430 pensionistas galegos ao longo dun ano.
En tempos de bonanza, os bancos concederon créditos de forma irresponsable e cando se fixo patente que gran parte deses créditos non serían devoltos, estalou a crise; os bancos tiñan falta de liquidez.
Debido a iso, a banca privada quere apropiarse dos aforros depositados nas caixas públicas (máis do 50% do total do sistema financeiro español). Pero como os banco non teñen cartos, non queren pagar moito polas caixas, nin tampouco se queren facer cargo de entidades que non teñan as súas contas saneadas. Aquí intervén papá Estado.
Inicialmente, Novacaixagalicia Banco, valía 1.714 millóns de euros, pero tralo rescate do Estado a través do FROB, os axustes contables e a nova valorización feita polo Banco de España, o seu valor viuse reducido a 181 millóns, un 90% menos do valor inicial.
Así, o Estado pasa a ser o máximo accionista deste banco (xa non é unha caixa). Un Estado que tampouco ten cartos, polo que non tardará en vender cun desconto do 90%, este banco nacido dos aforros galegos e cuxas contas foron saneadas con cartos públicos.
Coa crise, sacáronse a relucir os problemas das caixas, para argumentar que son ineficientes e privatizalas. Isto responde ao dogma neoliberal de que o privado sempre é mellor e máis competitivo que o público.
Pero… se foi a banca privada a que causou coas súas prácticas a crise. É competitiva unha banca privada que ten que ser rescatada periodicamente polos cidadáns? A iso lle chamades eficiencia?
Por qué non se rescatan as caixas para que pasen a formar parte dunha banca pública que conceda crédito aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas?
¿QUE CONSECUENCIAS TEN A DESAPARICIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO?
• A destrucción de miles de postos de traballo.
• A práctica desaparición da Obra Social.
• Peores condicións para a concesión de pequenos créditos.
• Maior risco para os nosos aforros en crises futuras.
CONCENTRACIÓN-CACHARRADA DIANTE DO ANTIGO CENTRO SOCIOCULTURAL DE CAIXANOVA
(PRAZA de SAN XOSÉ).
NON SIGAS TRAGANDO, TOMA A PRAZA
MÁIS INFORMACIÓN EN:
- www.aforropublico.wordpress.com
- www.facebook.com/indignateponte
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario