DUOS CAMBADESES PROTAGONISTAS DO MESMO.
O libro "Rías Baixas. Territorio gastronómico" foi galardoado co
premio 'Gourmand, Best in The World',
ao mellor libro de gastronomía local do mundo. A obra xa fora premiada na fase anterior do concurso, que o recoñecía como o mellor de España. "Este galardón, considerado como os Óscar da literatura gastronómica, supón un novo
recoñecemento para as Rías Baixas e contribuirá, sen dúbida, a difundir
a provincia de Pontevedra como
destino turístico", se indica na nota.
A publicación achega ao mellor da cociña pontevedresa por medio de entrevistas
e receitas dos cociñeiros do denominado "Grupo Nove".
Alberto González (Silabario), Rafa Centeno (Maruja Limón), Iñaki Bretal e Roberto Figueira (Eirado dá Leña), Pablo Romero (Allo e Aceite), Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Cannas (Pepe Vieira),
Yayo Daporta (Yayo Daporta), Antonio Botana (Pandemonium)
e Javier
Olleros (Culler de Pau), falan das súas experiencias, da súa forma
de ver a cociña e dos produtos gastronómicos galegos nas páxinas da publicación.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario