Valentín Estevez no seu blog
“DOS VUELTAS DE TUERCA”, fai unha pequena homenaxe a desaparecida de
“Unha Grande Chea”, Unha Asociación que durante 26 anos estivo presente
ininterrompidamente no Entroido Cambadés e incluso en algúns anos era a única
Asociación que se movía no noso pobo a hora de facer o Entroido, pero todo que
empeza acaba e como dicía o filosofo “Nacer é empezar a morrer”. É evidente que
a Asociación pasou a mellor vida pero algúns de nos aínda temos o espírito
dentro e por suposto que non imos ficar na casa neste Entroido. Moitas grazas
Valentín polo detalle que tiveches, de verdade
de corazón eu como derradeiro presidente da desaparecida Unha Grande Chea agradézocho persoalmente. Un día contarei cales foron as verdadeiras razóns da desaparición desta atípica asociación, pero cando sexa mais vello, agora aínda está moi fresco. De todos os xeitos internet sempre gardará no recordo o paso da asociación mais grande da historia de

Cambados , aparte dun libro que está na biblioteca de moitos
cambadeses. Unha vez mais, grazas
Valentín.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario