6 de feb. de 2012

UN MAPA POLÉMICO

Dende fai un días o mapa que podedes ver a esquerda anda a circular por internet  nas súas diversas seccións, e-mail. Facebook, twitter etc. Tratase como podedes ver no mesmo  dunha curiosa distribución da nosa comarca e segundo consta no mesmo feito presuntamente por alguén do Grove.  Así cualifica os mecos de “Patria Meca” e a parte de Sanxenxo como “Territorios mecos ocupados por Sanxenxo”, o interior do Salnés simplemente lle chama “Aldea”, a Castrelo denomínao “Salesianos”, a Barrantes “Viño tinto”, a Vilagarcía “Macdonalds” e a Vilanova “Estrada que hai antes de chegar o Macdonalns”. E chegamos a Cambados e aquí é onde está a polémica, os outros eran mais ou menos simpáticos, 
ou mais ou menos atrevidos,  pois o devandito mapa, táchanos nin mais nin menos como  “Ladróns de marisco”. Gracia mais ben pouca, verdade ningunha porque furtivos hainos en todos os lados da ria, no Grove, na Illa, en Vilanova, en Sanxenxo, en todos os lados hai furtivos, porque sen acritude miraron no Grove, cantos hai en Korea (Virxe das Mareas).  Hoxe por hoxe tantos os rañeiros , coma as mariscadoras cambadesas  teñen que pagar vixiancia para coidar dos seus bancos marisqueiros. Eu dende logo non vou poñer nin quitar ningún cualificativo neste mapa, molesto pola parte que me toca e iso si gracia non me fixo ningunha, entendo que o mellor os do Grove si lla fixera.
      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: