6 de feb. de 2012

O CAMBADÉS ISI VAAMONDE E A SÚA BANDA PRESELECCIONADOS PARA O PRESTIXIOSO FESTIVAL CONTEMPOPRANEA

O vindeiro 19, 20, e 21 de xullo de 2012 celebrase na localidade de Alburquerque na provincia de Badajoz o prestixioso festival denominado “Contempopranea”. O Festival Contempopranea Cruzcampo celébrase no “Paseo de las Laderas" que rodea a montaña coroada polo maxestoso castelo medieval "Castillo de la Media Luna". A escasos metros da fortaleza amurallada encóntrase o escenario do 
festival. Dende o propio recinto do festival pódese divisar unha extraordinaria paisaxe estremeña, bosque mediterraneo, aciñeiras e sobreiras, a serra de San Pedro, e ao lonxe Portugal. Pois ben, o noso paisano Isi Vaamonde foi preseleccionado para participar neste magno festival no que participan entre outros Amaral, La Habitación Roja, Dorian, Ruido Blanco entre outros.

Isi Vaamonde Band ten como bandeira os sons clásicos da América dos ocres e o cheiro a campo. Banda composta por 6 músicos, pode pasar dun set completamente electrico, slides e e-bow incluído a un set acústico con guitarras acústicas, mandolina, harmónica e acordeón. O repertorio fórmase a partir de temas propios salpicándoo de cando en vez con temas de Bowie, Immaculate Fools,Van Morrison, Tom Petty ou un Persoal Jesus con sabor a Johnny Cash.

          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: