11 de feb. de 2012

O CENTRO CULTURAL O SIXTO AMOSANOS O SEU PROGRAMA PARA O ANTROIDO.

O Centro Cultural o Sixto, ven de facer público o seu programa para este Entroido e a verdade que é moi completo, e así o 17 de febreiro a partires das 22 horas comeza o Torneo de Dardos, pódense inscribir todos os que o desexen ate ás 21 horas deste día, o prezo de inscripción é de 10 euros por persoa. Haberá premios en metálico se hai un mínimo de inscritos de 20, nese caso o primeiro prevaria levaria 100 €, o segundo 50 € e o terceiro 25 €.
O sábado 18 de febreiro a partires das 22 h, Gran Baile de Entroido, con premios en metálico para os mellores disfraces en Individual, 
Parella e Grupo. 
O domingo 19 a partires das 16 horas, Torneo de Chave, con premios para os tres primeiros clasificados (pola máña haberá tiradas gratuítas de proba). A partir das 17 horas, gran baile de entroido infantil con un animador e con premios e xogos para todos os participantes.
E xa o domingo de piñata,  26 de febreiro, a partires das 19 horas o grupo de teatro A Prexela de San Miguel de Deiro, representará a obra de teatro “Soños a gran escala”. Comedia de enredo orixinal de Alberto Dosil.


       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: