O Entroido institucional cambadés este ano comeza o venres 17 de febreiro
a partires das 22 horas horas cun Guateque de Entroido no Salón de Congresos e
Esposicións José Peña, a música correrá a cargo de “El llanto del ciego”.
O sábado 18 Festa Infantil no Pazo de Torrado a partires das
18 h. con “Fantasía e Animación”. En caso
de choiva a festa trasladarase o Salón de Congresos e Esposicións José Peña.
O domingo 19 de febreiro haberá concurso de disfraces e carrozas. Así
as 17 horas dende Santo Tomé desfile de carrozas acompañadas da charanga
“Krazy Cabuxas”. As 18 horas na Praza do concello concurso de disfraces nas categorias infantil e adulto con premios de 100 €, 150 € e 250 €. A continuación actuación do showman Pepe Suevos acompañado da música de D.J. R.O. Ás 19.30 horas actuación da charanga “Krazy Cabuxas”. En caso de choiva o concurso trasladarase o Congresos e Esposicións José Peña. (consultar bases no concello).
“Krazy Cabuxas”. As 18 horas na Praza do concello concurso de disfraces nas categorias infantil e adulto con premios de 100 €, 150 € e 250 €. A continuación actuación do showman Pepe Suevos acompañado da música de D.J. R.O. Ás 19.30 horas actuación da charanga “Krazy Cabuxas”. En caso de choiva o concurso trasladarase o Congresos e Esposicións José Peña. (consultar bases no concello).
Chon con Pepe Suevos que estuvo en Cambados no Entroido de 2010. |
Xa o martes 22 de febreiro á partires das 16.30 horas Festa
Infatil da asociación Zona Cenrtro na discoteca Zao de Cambados. As 17 horas
dende Santo Tomé desfile de carrozas acompañadas da charanga “Krazy Cabuxas”. As
18 horas entrega de premios as carrozas mellor engalanadas de 300, 400 5 500 €.
Ademais fárase entrega de 200 € as carrozas pola súa participación. A
continuación actuación do showman “Avelino González”, acompañado da música de "Cahoba” e “Krazy Cabuxas”. En caso de choiva o concurso de carrozas
suspenderase e as actuacións pasarán o Salón de Congresos e Esposicións José
Peña.
E para rematar o Entroido cambadés o mercóres 23 de febreiro,
enterro da sardiña. A partir das 17.30 horas na praza do concello, degustación
de doces típicos de Entroido, elaborados pola Asociación de Amas de Casa
Albariño de Cambados. As 19 horas lectura do sermón e marcha funesta dende a
Praza do concello ata a Praia de Santo Tome para enterrar e despedir o
especulador do Monopoli.
Os cambadeses temos que dar as grazas eternamente a
desaparecida Asociación Unha Grande Chea, xa que sin ela o Entroido cambadés
non seria o que está a ser agora, pois durante moitos anos foron os que
aguantaron do entroido en Cambados sen axuda institucional ningunha ate que
concienciaron o concello para que se fixera cargo desta festa.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario