17 de feb. de 2012

O PP INTENTA “TOUREAR” O REFUXIO DE CAMBADOS

Se alguén está a esgotar toda a posibilidade de dialogo con todas as súas forzas e o Refuxio de Cambados capitaneados pola súa presidenta  Olga Costa e polo asesor xurídico da mesma o recoñecido Letrado Carlos Alonso. É sabido por todos, incluídos polos do Refuxio a labor clientelar que sempre realiza o PP, noutras verbas “non dan puntada sen fío”, sempre que outorgan un concurso a alguén tarde ou cedo sempre conseguen algo a 
cambio. O Refuxio de Cambados sabe que agás milagre de San Bieito ou en todo caso de San Antón, máis apropiado para o caso,  e moi difícil que lle outorguen a eles a Canceira Mancomunada porque Louzán xa deixou entrever que case con toda seguridade levaría un empresa denominada “Tracsa” (sonavos verdade?). 


Estas personaxes seguro que xa saben a quen lle va dar a Canceira.

Pese a todo Olga e Carlos entrevistáronse con vicepresidente do goberno galego e secretario en excedencia do Concello de Cambados Sr. Rueda e co Sr. Louzán, este deixoulle ben claro tanto a Olga como a Carlos Alonso que todas empresas concursaran nas mesmas condicións e estes saben que case que teñen imposíbel presentar os avales económicos que solen esixir para participación deste tipo de concursos. Eu persoalmente penso que tanto Rueda como Louzan “están a marear a perdiz”, pero  tamén penso que dan con dúas persoas intelixentes como Olga e Carlos que en caso de non cumprirse os seus obxectivos, farán o que teñan que facer.
       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: