17 de feb. de 2012

NOVO CONSELLO COMARCAL DO BNG PARA O SALNÉS

REPRESENTAN A CAMBADOS DUARTE CORREA, MONTSE PRADO E VICTOR CAAMAÑO
Onte rematou no Salnés o proceso da XIII Asemblea Nacional do BNG coa elección do novo Consello Comarcal. Presentouse unha única candidatura que contou co apoio do 93% dos e das militantes e non tivo votos en 
contra. A xuntanza celebrouse dentro da mais alta camaraderia como facia tempo que non se lembraba.
As persoas elexidas onte foron: Xoán Antonio Allegue López (Responsábel-portavoz Comarcal), Xoán Xosé Castaño Conde (Vice-responsábel Comarcal), Mª Pilar Xiráldez Outeda, María Villaronga Chazo, Duarte Correa Piñeiro, David Otero Domínguez, Montserrat Prado Cores, Rosa Abuín Rodríguez, Heladio Outeiro Padim, Rocío Garrido Caramés, Victor Caamaño Rivas, Xabier Ríos González, Ester Vázquez Vázquez, Xosé Henrique García Outeiral e Vitoria Canoura Leira.
As dúas persoas que representarán á nosa comarca no Consello Nacional do BNG serán Xoán Antonio Allegue e Xoán Xosé Castaño.
O Consello Comarcal completarase nas vindeiras semanas cos/as responsábeis de cada unha das localidades e o/a representante de Galiza Nova.
Desde o novo Consello Comarcal animaron  a militantes e simpatizantes a que despois do rico e democrático proceso de debate asembleario afortalen o BNG, conscientes de que é o mellor instrumento político do que se ten dotado o noso pobo, un instrumento que se constrúe día a día. 
Hoxe máis ca nunca Galiza e o Salnés precisan do nacionalismo cun BNG activo para facer fronte ás agresións que estamos a sufrir coa excusa dunha crise económica, que sendo provocada polos especuladores carga as súas negativas consecuencias sobre as maiorías sociais. Sendo a nosa comarca un exemplo desa realidade, unha comarca rica que está á cabeza nas cifras de paro e emigración debido á falla de políticas serias dun PP que renega do Salnés ao igual que renega de Galiza e das súas posibilidades de futuro.
          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: