Medio cento de pais e nais asistiron a reunión convocada pola directiva do Juventud de Cambados onte mércores as 21 horas no centro cultural da Merced. Na xuntanza expuxéronse os termos dun futuro convenio co F.C. Porto de Portugal.
Aspectos positivos para o crecemento deportivo dos rapaces contra aspectos negativos para a economía dos pais.
Positivos: Mellora en canto os adestramentos con monitores( novos ou actuais) baixo a supervisión dun director do Porto para desenrolar o traballo á maneira que se fai na canteira do clube luso.
Mellor equipamento para os rapaces máis roupa para entrenamentos, balóns, e accesorios típicos dosa adestramentos.
Campus periódicos (no verán sobre todo) visitas á cidade portuguesa e intercambios.
Incluso poderíase habilitar nunha das oficinas do clube unha aula para que os rapaces fagan os deberes namentras non escomenzasen a adestrar.
. Na reunión acordouse ter unha charla cos representantes do Porto en vindeiras datas e decidir, coa presenza dun numero máis alto de pais e nais, se finalmente se leva a cabo o proxecto.
Temos que lembrar que o vindeiro 1 de marzo deberían de ter na sua mesa os lusos unha resposta definitiva.
De todo o que vaia acontecendo esperamos seguir informando.
NOVA RECOLLIDA DE http://cxusto.blogspot.com/
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario