O Comité Territorial Xurisdicional e de Conciliación da Federación Galega de Fútbol acordou o mércores pasado suspender o equipo de fútbol de Cambados, o C.D. Salnés, polo non pagamento do corenta por cento das cotas fraccionadas de mutualistas. O Salnés milita na terceira división autonómica ocupando na actualidade o último posto na clasificación.
Os equipos están obrigados a cotizar á mutualidade de previsión social, pero o Salnés non ingresou as cotas que tiñan que aboar. O prazo pechou o 15 de decembro. En concreto o C.D. Salnés, debe a cantidade de 734,40 €,
A decisión supón cancelar a afiliación destes xogadores e "a prohibición de expedición e/ou renovación de licenzas de futbolistas, adestradores, ou de calquera outros técnicos ao devandito club,
mentres permaneza a situación de non pagamento".
mentres permaneza a situación de non pagamento".
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario