17 de feb. de 2012

ESTE FIN DE SEMANA COMEZA O “CONGRESO MARIANO” EN SEVILLA

Este fin de semana comezará en Sevilla o Congreso do Partido Popular ou tamén chamado Congreso Mariano, porque para ó único que vai servir esta pantomima é para glorificar a figura do que seguramente vai pasar a historia do estado español como o presidente máis inoperante. Un dos temas estrelas deste congreso vai ser a postura que van tomar referente os matrimonios homosexuais, iso si evitarán alusión algunha o termo matrimonio para evitar colisións  co texto do recurso  que os peperos presentaron no Tribunal Constitucional fai anos de mans  da  sensual Soraya e o membro numerario do opus Dei Federico Trillo. O pronunciamento sobre dos dereitos dos homosexuais causou algunhas friccións no seo do partido, toda vez que se facían alusións a mesma cuestión en dúos relatorios diferentes. É curioso nun partido onde abundan os homosexuais de maneira abraiante, 
e dito isto sen ningún desprezo a este colectivo senón todo o contrario (o desprezo normalmente ven pola parte dos populares) , incluso en Santiago dise que na xunta hai un "Lobby gay" que domina sobre os demais, ou como Feijoo apadriñou unha voda gay en Ourense,   ou as sospeitas que existen na rede  e en moitos círculos e sobre todo en Pontevedra sobre  as tendencias sexuais neste senso do propio Mariano (que son lexitimas sexan cales sexan), isto no meu pobo chámase cinismo,  os xenoveses  non sei como se chaman. Un congreso “Mariano” onde van tratar de convencer os “españalitos” que os votaron que “Tiña que ser”, que é unha das frases que mai se oe hoxe en dia dos Populares e por suposto botarlle a culpa sempre a outros, quérennos convencer de que non dixeron o que dixeron pero si que o dixeron, menos mal que as hemerotecas e internet están para algo, o de que non ían subir impostos, o de que non ina pisar os dereitos dos traballadores,  que non lle ían baixar o soldo os funcionarios etc, en fin minten mais que falan. Me parece que a única representación de Cambados neste congreso vai ser a o de exsecretario do concello , moi recuperado da súa sordeira dende que está na xunta, Sr. Rueda Crespo que aspira a un posto na executiva. En fin aparte de todo isto van nomear o “Señorito” Arenas a candidato da Junta de Andalucia e probablemente esta comunidade regrese a tempos ancestrais non fai moito rememorados en “Salvados” polo fillo da duquesa de Alba. Parafraseando aquela famosa peza dos “Cantores de Hispalis” que comezaba con “A bailar, a bailar, a bailar…”. Neste congreso Mariano vaise converter en “A mentir, A mentir A mentir…”. Ave María purísima, Mariano concibida.

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: