16 de feb. de 2012

MILAGROSAMENTE APARECE O CONTRABANDO 2012

Todos xa sabedes que Unha Grande Chea desapareceu no Entroido pasado, nun entroido apareceu e noutro foise, pero o Contrabando milagrosamente volve a aparecer (mañan sae a rúa) , e como non podia ser doutra forma adicado os piropos que tan de actualidade estivo últimamente, así di o Contrabando 2012:
"""Estimados cambadeses:
É de obrigado cumprimento que nestas datas de Entroido tod@ cambadés ó cruzarse na rúa, ou na casa… ou onde sexa, agasalle a persoa que queira cun PIROPO, que últimamente tanta polémica levantou (agradezo personalmente, o concelleiro do Bloque a gran difusión dos piropos de San Entroido que acadou a nova deste concurso). 
O piropo é algo español, ou mais…, e polo tanto  na nosa agarimosa fala soa coma en ningunha outra.
Se é que algún cambadés non atopa un piropo para botar o seu amig@, poño a vosa disposición uns cantos da miña colleita particular según de onde sodes, a unha profesión etc.:
ELECTRICISTAS: Alumbran máis os teus ollos que  as farolas do Piollo.
ACÁDEMICOS:  Tes ti máis garbo andando, que Manolo falando.
LABREGOS: Eses son ollos e non os das patacas da Chata.
OFICIOS DE ANDAMIO: Como me pos…
TIÍMIDOS: Se ti quixeras….eu tamén.
DE FEFIÑANS: O teu lado que se quiten as postas de sol de Santo Tome.
PARADOS: Co sorriso que ti tes… nin crise nin estress.
DE SANTO TOME: Para que teñamos luz nesta fermosa alameda…,  non peches eses ollazos nena. 
SALIDILLO: Ai…se non fora polo que é…,  seguro que sería.
MADRIDISTAS: Así , así, así gana o Madrid.
GOLOSOS:  Eres como o chocolote, deliciosamente tentador.
CONDUCTORES: Crees no amor a primeira vista, ou dou outra volta pola rotonda do Concello.
BLOQUEROS: Os cartos que “gastou” Louzán na Cultural, comprabas un chalet no Pombal (ou mais).
Feliz Entroido 2012
O ALCALDE
LUIS “BOMBÓN” ARAGUNDE"""



        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: