Normalmente sempre dicimos para que ser bombeiro, aparte de pasar unhas probas durísimas, hai que ser doutra pasta, ter moito valor, dar sempre o callo e non ter escrúpulos ningúns para ver o que te podes atopar nunha casa o establecemento arrasado polo lume. Para ser Xefe do Consorcio de Bombeiros o único que hai que ter é un trifásico de medo ou ser concelleiro do PP sen Alcaldía como foi o caso de Santiago Tirado de Cambados ,
José Luis Perez de O Grove ou o actual, candidato a Alcalde da Illa de Arousa que está sen Alcaldía pero con cargo.
José Luis Perez de O Grove ou o actual, candidato a Alcalde da Illa de Arousa que está sen Alcaldía pero con cargo.
Hoxe a prensa despertounos con que os valiosos e valentes bombeiros do Salnés, pese a non cobrar as súas mensualidades grazas a inoperancia e torpeza do Partido Popular e a avaricia dunha empresa que se chama Celta Prix (por certo gustaríame saber quen está no consello de Administración desta empresa para que todos os concellos do PP , deputación e outros estamentos teñan tantos "tratos de favor" coa mesma) , apagaron un pavoroso e perigoso incendio nunha empresa de Caldas de Reis, e incluso estes profesionais do lume que arriscan todos os días a súa vida acudiron incluso os que estaban co dia libre, todo un exemplo para os nosos inoperantes políticos populares.
Iso si o Xefe do Consorcio o Sr. Gonzalez nunha entrevista nun xornal de Arousa de hoxe, dicía que el estaba o corrente do pago dos meses sen ningún problema, pero os bombeiros seguen sen cobrar. Ata cando teremos que sufrir a estes penosos gobernantes populares que o único que pensan e en encher os seus petos.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario