16 de feb. de 2012

OS FUNCIONARIOS DOS XULGADOS DE CAMBADOS SAIRON A PROTESTAR A RÚA

Hoxe, día 16 de febreiro, realizáronse concentracións en determinados servizos públicos de Galicia e por suposto tamén en Cambados e concretamente no edificio dos xulgados, a fin de que todas as traballadoras/es da función pública galega mostraran o seu descontento contra as medidas impostas pola Xunta do PP e  o Sr. Feijoo. Estas mobilizacións deben ser só o inicio das nosas reivindicacións en defensa dos servizos públicos e das condicións 
laborais dos nosos postos de traballo, xa que este ataque contra nós acabará afectado a atención que se debe prestar ao cidadan para intentar deste xeito privatizar determinados servizos e retiralos da órbita do público. Non podemos consentir que isto suceda polo que reiteramos o noso pedimento as traballadoras e traballadores públicos para que apoien todas as medidas de presión que se van a acordar para deixar constancia do rexeitamento a todos estes recortes. Agradecemos a todas/os os que participáchedes nas concentracións e especialmente ao persoal funcionario e laboral de xustiza. En Cambados baixou case todo o personal e todos os xulgados suspenderon os seus sinalamentos agás o Nº 3(si baixaron todos os compañeiros deste xulgado que non estaban na sala) , que non sabemos se non se enteraron ou quen manda non quixo suspendelos, ala él e a súa conciencia, moitas grazas de todos xeitos os xuices e secretarios que suspenderon os seus sinalamentos porque foi unha forma de solidarizarse con nos. 



         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: