Fiquei abraiado dá repercusión que tivo o meu post sobre os piropos no meu blog tanto a nivel nacional como a nivel estatal, ata chegou a estar nun programa de “prime time " na primeira de TVE, o respecto teño que facer ás seguintes aclaracions:
1º.- En ningún momento eu falei no nome de Unha Grande Chea, nin me pronúncie en ningún medio como representante de tal asociación entre outras cousas por que non existe e porque é falso de toda falsidade.
2º.- Decirlle a Marcos González que eu nunca ou critiquei persoalmente, nin nunca o criticarei, eu a quen critico e coido que teño dereito a facelo é o presidente do Consorcio de Comerciantes casualidade que polo de agora é Marcos Gonzalez, como perxonaxe público que é, e como tal ten que aceptar ás criticas, como as acepto eu cando mas fan a min.
![]() |
Ata Nachortas se fixo eco do evento |
4º.- Preto dá actuación do alcalde neste tema e o que está facer dende que foi elexido, absterse dos problemas do pobo e ir a eventos sen fundamento pero que saen na prensa.
5º.- Ratificome en todo o que dixen sobre os piropos o sobre o concurso en sí, o que lamento é que haixa mulleres que defendan esta clase de concursos.
6ª.- E por ultimo decirvos que Marcos Gonzalez agradeceume enormemente a miña opinión xa que grazas a ela un concurso que ia a ser irrevalente fixose famoso en todo o estado español. Xa lle dixen o dia de gravación de “Gente”, ¿A ver si me regalas duas entradas no Parador” e replicoume “eu por min xa chas daba agora mesmo, coa publicidade que nos fixestes gratuita”.
Agora deixovos para os que non vichedes ás novas de prensa dos piropos nos seguintes medios:
"GENTE" DE TVE1 (¡ ollo comenza no minuto 32 ´ 54")
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario