2 de feb. de 2012

O CAMBADÉS JESUS MARTINEZ MELON “SUSO MELON” DECANO PROVISIONAL DO COLEXIO DE PROCURADORES DE PONTEVEDRA.

José Portela Leirós, quen ostentaba o cargo de decano do Colexio de Procuradores de Pontevedra dende o 13 de marzo de 1993, presentou a súa dimisión a semana pasada ante a Xunta de Goberno desta institución. O propio Portela Leirós confirmaba a súa marcha á fronte do Colexio de Procuradores, segundo explicaba, co obxectivo de favorecer un relevo xeracional despois de case 19 anos no cargo.
A dimisión xa foi comunicada á Xunta de Goberno do Colexio de Procuradores, e o seu vicedecano Jesús Martinez Melón, quen aceptou a renuncia e puxo en marcha o proceso electoral para renovar o órgano de dirección dunha institución que se 
circunscribe ao partido xudicial da capital, ademais do da Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Lalín, Marín e Vilagarcía de Arousa, así como o de Redondela en canto ao territorio correspondente ao concello de Soutomaior. En total, 37concellos.
Chon e Suso colaboraron xuntos para
conseguir o 4º xulgado para Cambados
Esta decisión leva o cambadés Jesús Martinez Melón mais coñecido na profesión como “Suso Melón”, a ocupar este cargo provisionalmente, e aínda que sexa así deste xeito ningún  cambadés tivo tal honra. 
Suso Melón tomou posesión como Procurador en Cambados en 1983, era un rapaz novo que chegaba de facer Dereito en Barcelona once residía co seus pais e o seu irmán. Antes Suso viña a pasar os  veráns en Cambados, onde se namorou dunha fermosa moza Mari Carmen Pillado, da que ficou "prendado". Suso home emprendedor enseguida  empezou a subir coma espuma na súa profesión e nun período de cinco anos competía  con profesionais veteranos tales como Victoriano Piñeiro, Alejandro Padin, ou Miguel Botana. Tivo necesidade moi pronto de empezar a contratar xente porque el so non podía coa cantidade que traballo que tiña, agora no seu despacho son cinco persoas a traballar incluída a súa sucesora e filla Marina que xa anda a pulular polos xulgados. 
Suso, terceira pola dereita no Colexio de Procuradores
Suso Melón sempre se interesou polo bo funcionamento dos xulgados de Cambados, e sempre botou unha man e o seu total apoio e inestimábel axuda na creación do xulgado número 3 e sobre todo do xulgado nº 4 de Cambados. Hoxe por hoxe é un dos profesionais mais destacados da procuradoría non só en Cambados senón en toda a comarca. Falei con él estes días para darlle os parabéns e díxome tamén que en principio o que ía facer era en canto poderá,  convocar eleccións e que non tiña pensado presentarse xa que o cargo consume bastante tempo e “tes que ir a despachar a Pontevedra tres ou catro veces a semana”  pero non o descartou definitivamente.

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: