Dende 1975 celébrase esta festa gastronómica onde a música ocupa un lugar
destacado. A localidade de Arzúa, parte do histórico trazado que percorre o Camiño de Santiago e berce dos mellores queixos galegos,
converterase os días 3 e 4 de marzo tamén nun destino preferente para todos os
afeccionados á música que saben da tradición
dun festival polo que xa pasaron
decenas de grupos nacionais e internacionais, dende Los Enemigos a Vetusta Morla pasando
por Rinôçerôse, no que nunca falta unha importante
representación da música galega.
Na xornada do sábado, que como vén sendo
tradición estará dedicado ao rock, pop, mestizaxe, funk e hip hop, terá
lugar a presentación do último proxecto creado polo zaragozano Javier Ibarra aka Kase acompañado polo cuarteto de músicos
Jazz Magnetism irmandan as raíces de dúas expresións
musicais, jazz e hip hop, nacidas na comunidade afroamericana estadounidense
que barreron fronteiras para converterse nun legado universal. O fin de festa
desta noite virá por conta de Sammy Jo DJ, residente no club barcelonés Razzmatazz e disc jockey
oficial nas xiras de Scissor Sisters. Para o domingo a programación musical da Festa do Queixo garda
un sitio para a música tradicional galega coa actuación de Treixadura,
grupo xurdido hai dúas décadas enRedondela (Pontevedra)
tras a unión dos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez, que toma o seu nome do dunha uva branca
autóctona. A súa traxectoria bota catro discos publicados e numerosas
colaboracións en diferentes proxectos, un dos cales realizado en 2001 xunto a Rodrigo Romaní (Milladoiro)
converteríase na semente da actual agrupación composta por quince músicos
entregados a difundir os ritmos e cantigas propias
desta terra. Para completar a oferta e achegar un valor engadido á programación
musical preséntase a cuarta edición do Queixo Maquetón, un concurso para novas bandas que este
ano bateu a súa record de
inscricións con cento trece grupos participantes. Os gañadores recibirán un
premio en metálico e ofrecerán un concerto nesta trixésimo segunda edición da Festa do Queixo.
![]() |
Traixadura fai mais de vinte anos. |
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario