23 de feb. de 2012

A ULTIMA DE GIRALDEZ ANTES DE XUBILARSE

Dos dias antes dá xubilación do afamado perruqueiro cambadés, o da Floristeria Hedra foi cortarse o pelo. Logo do corte pediu a conta e o perruqueiro contestoulle:
- Non vou aceptar cartos. Hoxe é o penúltimo día e non lle vou cobrar a ningúen. O florista quedou agradecido e deixou o negocio. Cando o perruqueiro foi a abrir o negocio, á mañá seguinte, había unha nota de agradecemento e unha ducia de rosas na porta.
Logo entrou o da Botique do Pan para cortarse o pelo, e cando foi a pagar,
o perruqueiro respondeu:
- - Non vou aceptar cartos. Hoxe é o penúltimo día e non lle vou cobrar a ningúen. 
O panadeiro púxose contento e foise. Á mañá seguinte cando o perruqueiro volveu, había unha nota de agradecemento e unha ducia de barras de pan esperándoo na porta.
Máis tarde, foi Dominguez o profesor  a cortarse o pelo e no momento de pagar,
o home outra vez respondeu:
- - Non vou aceptar cartos. Hoxe é o penúltimo día e non lle vou cobrar a ningúen. 
Domin  con moita alegría foise. Á mañá seguinte, cando o perruqueiro abriu, había unha nota de agradecemento e unha ducia de diferentes libros, talles como ' Como mellorar os seus negocios' e 'Como volverse exitoso'.
Entón o concelleiro Toñito Pombo do PP de Cambados foi a curtarse o pelo e cando foi a pagar e o perruqueiro novamente dixo:
- - Non vou aceptar cartos. Hoxe é o penúltimo día e non lle vou cobrar a ningúen. 
O concelleiro  contento afastouse. Ao día seguinte cando o perruqueiro foi a abrir o local por derradeira vez , estaban os dez concelleiros restantes do PP de Cambados con Luis Aragunde a fronte  facendo cola para cortar o pelo  gratis.
Isto, querido amigo, mostra a diferenza fundamental que existe actualmente entre os cidadáns comúns e os concelleiros do PP de Cambados
Por favor, nas próximas eleccións municipais , vota con coidado...,
(Que non vos pareza mal, estamos no Carnaval -isto é ficción pero en outros aspectos é realidade-)
Adicado con cariño o meu perruqueiro que dende que se xubilou ainda non cortei o pelo.
      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Antonio Giráldez Rial dixo...

Choni!!
Corta ese pelo xa!! Fai favor, que eu non subo a Galicia a cortarcho.
Saúdos.
Giráldez.