O vindeiro mércores dia 7 de marzo a partires das 20.30 horas terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados unha Asemblea aberta a cargo de membros da CIG entre os que se atopa o destacado líder sindicalista “Tupi” Bouzas para informar sobre o alcance e as gravísimas consecuencias que ten a reforma laboral que ven de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais da
maioria da poboación como no que supón a perda de dereitos .
maioria da poboación como no que supón a perda de dereitos .
Esta nova reforma facilita e abarata o despedimento, a fraude nas razóns do despedimento, podese despedir no primeiro ano sen indemnización, as baixas por IT comun poderán ser motivo de despedimento, os despedimentos serán con carácter xeral 20 días/ano, máximo 12 mensualidades, deixan en corentena o dereito a negocación colectiva, permite que o convenio de empresa teña condicións inferiores ao sector, provocará unha caída brutal dos salarios e un incremento da xornada de traballo, amplia a precariedade nos contratos, amplia a precariedade nos contratos etc. Facemosche saber tamén que o vindeiro dez de marzo ás 20.00 horas haberá manifestación en Vilagarcia de Arousa que sairá de dianta da Casa do Mar. Acude, o teu futuro está en xogo, hai que parar a esta dereita rancia e reaccionaria.
E LEMBRADE FRONTE A ISTO:
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario