Foto: Eduardo Apariz |
PUBLICADAS AS LISTAS PROVISIONAIS DA CONFRARIA DE CAMBADOS
O 24 de Novembro pasado publicabamos neste blog que a Consellería do Mar anunciaba novos permex de marisqueo en Cambados
A Consellería do Mar convocaba 25 novos permisos de explotación para marisqueo a pé para a confraría de Cambados, con data
do derradeiro dia do febreiro pasado dictouse a aportuna resolución pola que se publica a lista provisional das aspirantes que di como segue:
do derradeiro dia do febreiro pasado dictouse a aportuna resolución pola que se publica a lista provisional das aspirantes que di como segue:
"""Resolución de 29 de febreiro de 2012 do Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra pola que se publica a listaxe provisoria de puntuacións obtidas polos aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Cambados .
De conformidade co establecido na base II da resolución de 23 de novembro de 2011 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Cambados, esta xefatura territorial
Primeiro. Facer pública a listaxe provisoria das puntuacións obtidas polos aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito territorial da confraría de pescadores de Cambados.
Segundo. Os aspirantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas.
Terceiro. A presente resolución se publicará no taboleiro de anuncios das xefaturas territoriais e na páxina web http://conselleriamar.xunta.es. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios das xefaturas comarcais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como no taboleiro de anuncios da confraría ou entidade asociativa solicitante.
Vigo, 29 de febreiro de 2012."""
LISTA DE ASPIRANTES E A SÚA PUNTUACIÓN, PREME AQUÍ PARA VELA.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario