4 de mar. de 2012

CAMPIONATO GALEGO DE PESCA FONDEADA EN CAMBADOS

O próximo 11 de Marzo terá lugar en Cambados unha concentración do SELECTIVO GALEGO DE EMBARCACIÓN FONDEADA.
PROGRAMA:
07:30 Concentración de pescadores no peirao de Cambados.
08:15 Saída para zona de pesca.
09:00 Comezo da primeira manga da proba.
13:00 Final dá primeira manga e regreso ao porto para a pesaxe,pic-nic e cambio de embarcación.
14:30 Saída para a segunda manga.
15:00 Comezo dá segunda manga.
19:00 Fin da proba, regreso ou peirao, pesaxe e clasificación.
NORMAS ESPECÍFICAS
A competición terá como escenario un polígono (a determinar) segundo as condicións climatolóxicas. Haberá catro embarcacións nas que, en cada unha delas, irán a bordo catro pescadores e un patrón.
O cebo a empregar, será facilitado pola organización, sendo o mesmo para todos os pescadores. Consistirá en 16 caixas de coreana, e de 250 grs. de lagostinos. O importe total do cebo será de 35 € que deberán ser aboados antes do inicio da competición. Queda prohibido o engodo.
Será obrigatorio facer o cambio de posto segundo o disposto no regulamento de competición da Fepyc polo que se rexe a competición para todos os efectos.
Non se admitirán como válidas as seguintes especies: muxo, voga, rincha ou xarda, xurelo, agulla e os cefalópodos.
Organiza: federacion@fgpesca.org
COMO É A PESCA EN EMBARCACIÓN FONDEADA?:
É  a  pesca dende barco con cebo vivo ou natural é unha das modalidades máis produtivas en canto ao número e calidade de capturas obtidas. Podemos pescar a profundidades moi variadas pero como moi ben saben os bos pescadores é fundamental coñecer co máximo detalle os puntos bos, os fondos querenciosos, que o mar é moi grande e a gasolina da barca cara para ir andando a tombos á boa de Deus. Resulta pois importante obter información contrastada sobre a zona de pesca e, localizado un bo pesqueiro, marcalo co GPS.
O engodo ou enguado a base de sardiñas trituradas ou algún outro peixe oleoso triturado colocarase dentro dun saco de brumeo lastrado e baixo a embarcación atraendo unha gran variedade de especies.
As canas e os carretes deben ser específicos para pesca dende barco, non valen as utilizadas para mar costa. Persiste o concepto entre os pescadores de barco de utilizar canas curtas e de groso punteiro, concepto desfasado que ben pouco axuda a mellorar a cantidade das capturas. Isto é así porque as modernas canas específicas para a modalidade de embarcación fondeada superan os tres metros de lonxitude, son moi lixeiras e dispoñen de finas punteiras (normalmente sérvense con varios punteiros de diferentes accións) que permiten detectar e cravar con precisión a máis sutil picada da máis desconfiada breca. Así mesmo, o emprego destas canas de pesca longas posibilita o uso de baixos de liña longa de fino diámetro de liña nai que á súa vez, montan finas cametas en perlas cruzadas de catro buratos.
En definitiva, pescando a fondo dende barco son preferibles canas canto máis longas mellor, lixeiras e con punteiros sensibles, mellor intercambiables. en canto aos carretes son ideais os tamaños medianos 
4000 e 5000 de Shimano, lixeiros e rápidos con capacidade duns 200 metros de nailon de 0.30 mm. Persoalmente, recomendase o uso de monofilamento, as miñas experiencias co fío trenzado máis ríxido non me resultaron satisfactorias agás en zonas de gran profundidade, a partir de 80 metros.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: