3 de mar. de 2012

MAL MANTEMENTO DO E.E.I A PASTORA E O CONCELLO MIRA MARA “MUROS”.

O pai dun alumno do colexio da Pastora denunciando mediante o blog CAMBADOS XUsTO, acompañadas dunhas fotos, sobre o mal que o concello leva o mantemento do mesmo. Ademáis é sabedor pertenza  do administrador de CAMBADOS XUSTO á directiva da ANPA preguntalle se dende esta asociación  son coñecedores destas situacións das que el quere dar conta, e que non son outra que as seguintes. 
 En primeiro lugar expón o lamentable estado do cuadro eléctrico do exterior do colexio e que debido a sua situación e accesible os
pequenos co perigo que elo conleva para os cativos.                        
En segundo lugar fainos chegar a foto dos anclaxes dos mastis das bandeiras queforon retirados fai un tempo pero quedaron uns tornillos oxidados e en punta dos que algún neno e adulto pode dar fe do perigosos que son.
Outra queixa que lle fai saber é o estado da verxa lateral igual a da rampa de subida ao colexio que non foi arraxada cando se arranxou a "irmán".
Segue o pai laiandose do estado do patio de xogos. Considera que deberia ser de cemento e non de area xa que cando chove (este ano malamente dous dias) a area é arrastrada quedando o patio sen area.
O administrador de CAMBADOS XUSTO como membro  da ANPA dille  que agás o tema do cadro eléctrico todo foi notificado ao Concello do que dan fe as copias dos escritos remitidos, algún máis dunha vez e non solo pola ANPA senón tamén pola dirección do centro.  Agardamos que todo se arranxe o máis pronto posible e que as explicacións dadas dende aquí sean do agrado do todos. 
                 

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: