3 de mar. de 2012

O SALNÉS ESTÁ A UN PASO DA DESAPARICIÓN

O encontro que se tiña que disputar entre o Salnés e o Pontearnelas a xornada pasa nas instalacións deportivas do Pombal a semana pasada, non se disputou pola incoparecencia do Salnés, xa que ten as fichas federativas dos seus xogadores canceladas debido ao non pagamento das cotas arbitrais, segundo informamos xa neste blog, e aínda que teñen unha semana para poder pagalas, todo apunta á súa retirada da competición, o que representaría a desaparición do equipo cambadés que se creou hai algúns anos para dar saída a xogadores do municipio que non tiñan sitio no primeiro equipo local, o Xuventude de Cambados.
O Salnés levaba varias semanas sendo avisado polo comité de competición para facer efectivos os pagamentos pendentes polas cotas arbitrais pero a resposta do club foi non se presentar nesta
xornada, o que deixa claro que non pretende seguir na competición.
A primeira consecuencia foi a vitoria por 0 a 3 do Pontearnelas. Queda agora por saber, unha vez que se confirme a retirada do Salnés, que pasa cos puntos que xa disputou o equipo cambadés. O comité pronunciarase a próxima semana.


                  

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: