9 de mar. de 2012

CCOO E UGT A REMOLQUE DA CIG

Benvidos sexan, nunca é tarde se a dita é boa, hoxe acaban de anunciar publicamente que CCOO e UGT veñen a  sumarse a folga xeral convocada fai xai varias semanas pola CIG e apoiada totalmente polo BNG perante a aniquladora, asasina e brutal reforma laboral imposta pola banca e os empresarios o inutil de Rajoy.
A reforma laboral do PP é un saqueo á clase traballadora, que non reducirá o número de paradas e parados.
O goberno de Feijóo en Galiza bateu o record histórico de paradas e parados ao alcanzar a espeluznante cifra de 271.284 persoas.
Sábado 10 de marzo, manifestacións da CIG no Día da Clase Obreira Galega
* Vigo: ás 20 h., desde Vía Norte
* A Coruña: ás 12 h, na Praza de Vigo
* Pontevedra: ás 19 h., na Praza da Ferrería.
* Ferrol: ás 12 h. na Avda. de Esteiro (local da CIG)
* Santiago de Compostela: ás 12,30 h., na Praza Roxa
* Lugo: ás 12 h., na Ronda da Muralla (local da CIG)
* Ourense: ás 12 h., Pavillón dos Remedios
* Vilagarcía de Arousa: ás 20 h., na Casa do Mar
* A Estrada: ás 20 h., na Praza do Concello.

29 DE MARZO FOLGA XERAL , TODOS A FOLGA.
actuemos!
é tempo de respostas
               

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: