9 de mar. de 2012

A PINTORA CAMBADESA EMÉRITA MENDEZ EXPÓN NO PAZO DE TORRADO

A pintora cambadesa Emérita Méndez protagonizará unha exposición no Pazo de Torrado a partir de hoxe. Trátase dunha selección da súa produción pictórica en diferentes épocas, mostrando tanto pinturas como debuxos ou gravados.
Emérita fixonos saber que o seu mundo persoal, ademais da música e do cine, está influenciado en gran parte pola literatura e a ilustración, con autores de Emily Dickinson, Mijail Lérmontov, Arthur Conan Doyle ou Edgar Allan Poe. Unha influencia, engade, que se traduce nun ambiente post romántico que impregna toda a súa obra, da cal emana, esto engadImolo nós,  unha gran personalidade.
Emérita, naceu en Castro de Rei (Lugo) pero reside en Cambados dende a súa adolescencia, é licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de
Compostela e tamén se licenciou en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
A mostra permanecerá aberta desde este venres e ata o 31 de marzo, con entrada gratuíta para todos os interesados en coñecer de cerca parte da súa produción artística.
             

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: