22 de mar. de 2012

CONCERTO LARPEIRO EN VILALONGA

O vindeiro cinco de abril a partires das 22.30 horas na Alameda de Vilalonga, diante do campo de futbol arranca a  4ª edición da Larpeirada Celeste, cun concerto de grupos rock nacionais,  coas actuacións de: RECAMBIOS TUCHO (excompoñentes de Heredeiros da Crus), VULKANO e RIFF-RAFF. A entrada será de 5 euros, e disporán
de carpa pechada, servizo de barra para bebidas, parking gratuito, e entre todos os asistentes sortearase un regalo sorpresa. Ademais poderedes ver publicadas as fotos do concerto nos muros do evento e no do facebook de “Larpeirada Celeste”

RECAMBIOS TUCHO é obra do que fòra creador e ideòlogo dos resucitados HEREDEIROS DA CRUS; TUCHO (Antonio Novo Alonso Quijjano) Despois de ter o gran privilexio de presentarse ante a concurrida Festa da Dorna da Santa Uxia de Riveira, e case sen darse conta, aparecen na Guadalupe de Rianxo RECAMBIOS TUCHO busca dàrlle a volta de parafuso os grandes clàsicos do rock dos 70. Mais información en http://www.myspace.com/recambiostucho .

VULKANO, son de Vilalonga un trio de rock composto por Paco (guitarra e Voz), Manu (bateria e voces) e Pablo Senra (baixo e voces). Luis Rodriguez é o seu ténico de son e luces. Mais información do grupo en http://www.myspace.com/vulkanovulkano .

RIFF-RAFF , grupo rock de Ferrol, moi coñecido no norte da nosa Galicia  do cal podes adquirir mais coñocementos en http://www.myspace.com/losriffraff

                  

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: