21 de mar. de 2012

LUIS ARAGUNDE FOI TODO O POSIBLE, INCLUSO INCUMPRINDO A LEGALIDADE , PARA ENTORPEZAR A LABOR DO BNG NO CONCELLO DE CAMBADOS.

Está claro e cada vez os feitos danos a razón , que no Concello de Cambados, hai de todo menos legalidade e transpariencia por parte dos seus gobernantes e incluso algúns correveidiles que están o seu cargo. O BNG de Cambados  está a solicitar por activa e por pasiva, e asi o ven de denunciar novamente no seu blog, que está a reclamar as actas da Xunta de Goberno, na cal por certo nan hai ningún representante da oposición,  dentro do prazo legal , pero Luis Aragunde, o seu
goberno e os seus asesores fan todo o posible por entorpecer a labor do BNG  dentro do Concello, e dan razóns peregrinas tales como que carecen de personal, Luis sen ir mais lonxe ten tres asesores personais, un asesor xurídico, a secretaria do concello e o seu secretario personal, so para Luis e todos estes elementos non son capaces de redactar unha acta e facela chegar a oposición parecenos incrible que en pleno seculo XXI Luis Aragunde se ampare en tan asquerosa excusa. Está claro que o unico quere Luis e agochar os problemas que ten dentro do concello paralizando a actividade do BNG dentro do mesmo pero en troques atópase cun BNG que está a facer unha enorme labor, que loita por todos os cidadáns de Cambados e non so porque quen o votaron e non descartan ningunha via no futuro para que Luis cumpra a lei. Aquí vos deixamos o escrito completo asinado por Victor Caamaño e que tamen podedes ver no blog do BNG
"""Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Cambados,
EXPÓN: que recibida a súa resposta (de data 15 de marzo de 2.012; rexistro de saída nº 2012/1167) compre aclarar o seguinte:
1º.- Que o 15 de outubro de 2011 foi a primeira vez que se lle enviou a petición de solicitude para recibir as actas da Xunta de Goberno no prazo que a lei estipula (artigo 113.b do R.O.F. das Entidades Locais di que “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”) polo que resulta inaceptable recibir unha resposta como a que envían, e 6 meses máis tarde da solicitude feita inicialmente polo BNG; é unha verdadeira burla ao noso grupo político e á cidadanía que representamos;
2º.- Que tamén resulta inaceptable que se afirme que o retraso é debido ao reducido número de persoal nas oficinas municipais cando as actas teñen que estar feitas, por lei, despois de cada reunión da Xunta de Goberno e, polo tanto, poderían ser enviadas cada semana a todos os membros da corporación municipal (vía correo electrónico, por exemplo). Que con respecto ás carencias de persoal apuntadas no escrito da Alcaldía, debe recordárselle que o concello é actualmente a “empresa máis grande de Cambados” con máis de 140 traballadores e traballadoras e que, ademais,  na súa investidura como alcalde nomeou a tres asesores que cobran das arcas municiapis 70.300 euros (horas extras a parte), ou que este concello paga un asesor xurídico máis de 3.000 euros mensuais; o que leva a concluír que máis que falta de persoal no concello, o problema é que o persoal dispoñible está mal redistribuído nas súas tarefas; unha responsabilidade que recae exclusivamente na persoa do alcalde;
3º.- Que os concelleiros do BNG non son persoal liberado e o horario dos seus respectivos traballos lles impiden pasarse a mañá no concello e do mesmo xeito que vostede apunta que se poderían consultar os borradores das actas na Secretaría tamén se lle recorda que estes borradores poderían ser remitidos aos concelleiros;
4º.- Que a resposta final que vostede facilita, onde di textualmente: “En todo caso, reitero a disposición desta alcaldía para que este asunto se vexa solventado á maior brevidade posible”; parécenos totalmente insatisfactoria e inaceptable; para dar esa resposta non era necesario agardar seis meses, volvendo o Señor Alcalde a dar respostas evasivas como xa o ven facendo habitulamente, polo que:
SOLICITA: por última vez, antes de recorrer a outras instancias, que o Señor Alcalde cumpra a normativa no referente ao prazo de entrega das actas da Xunta de Goberno (recórdolle novamente: artigo 113.b do R.O.F. das Entidades Locais di que “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”). Solicítase igualmente, que a resposta a esta solicitude sexa realizada coa maior premura posible.
Cambados, 20 de marzo de 2012
Asdo.: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS"""


                   

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: