Está claro que o Alcalde Luis Aragunde está a usar todas as mañas mais barriobaixeiras que pode usar un politico, e despois podemolo ver presumir en certos foros de que no concello de Cambados hai transpariencia, o BNG mediante o seu blog acaba de amosar que Luis é un TRAMPÓN con maiusculas pois leva sen contestar , e sen motivo aparente algún a tres escritos presentados polo BNG, un de outubro, outro de novembro e outro de Decembro, para iso ten tres asesores personais e un asesor xuridico que ente todos eles cobran mais de 15.000 euros o mes e sae dos petos de todos os cambadeses. Incrible pero certo. Luis non xoga limpo e o BNG denunciao co seguinte escrito:
EXPÓN: que a día de hoxe, o grupo municipal do BNG non recibiu resposta a unha serie de preguntas presentadas no rexistro deste concello. Entre elas está o escrito de data 14-12-2011 (R.E. 2011/8845) en relación con actuacións musicais e outros eventos durante a Festa do Albariño (na acta do pasado pleno de decembro dise que se nos remitiría a información por escrito nos próximos días). Tampouco hai resposta ao escrito do 28-10-2011 (R.E. 2011/7804) en relación a unha serie de preguntas e peticións referidas á relación do concello co asesor xurídico. E tampouco temos resposta ás preguntas realizadas con data 30-11-2011 (R.E. 2011/8614) en relación á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galiza, polo que
SOLICITA: que co motivo do próximo pleno de febreiro se lles facilite ao grupo municipal do BNG ás respostas e peticións demandadas neste escrito.
En Cambados a 22 de febreiro de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS"""
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario