Jaume Matas, nomeado Cabaleiro do Albariño en Cambados no ano 2002, condenado a seis anos por corrupción no caso “Palma Arena”
O expresidente balear e Cabaleiro do Albariño Jaume Matas foi condenado a penas que suman seis anos de prisión por varios delitos de corrupción ao beneficiar fraudulentamente con diñeiro público ao xornalista que lle escribía os discursos, Antonio Alemany, sentenciado a unha pena de 3 anos e 9 meses de cárcere. Fixadevos que o
de escribir discursos soname a min en Cambados bastante porque hai quen llos escribe o noso alcalde Luis Aragunde e incluso os concelleiros do PP.
de escribir discursos soname a min en Cambados bastante porque hai quen llos escribe o noso alcalde Luis Aragunde e incluso os concelleiros do PP.
Esta é a primeira sentenza do caso “Palma Arena”, unha causa dividida en 26 pezas sobre corrupción na que Matas está imputado nunha vintena, entre elas a investigación do Instituto Nóos, presidido por Iñaki Urdangarín.
Matas, que é o cuarto presidente autonómico condenado por corrupción, foi responsable do Govern balear entre os anos 1996-1999 e 2003-2007 e ministro de Medio Ambiente de 2000 a 2003, concretamente neste época exactamente no Albariño do 2002 Touris e Pedro Rial nomean cabaleiro a este corrupto.
A sentenza feita pública onte condena a catro dos seis acusados que sentaron no banco o pasado mes de xaneiro..
Na resolución de 172 páxinas, a sección primeira da Audiencia de Palma considera probado que de 2003 a 2007 Matas concedeu a Alemany mediante un concurso pantalla 200.000 euros por escribir os seus discursos e asesorarlle en materia informativa, á vez que influíu para beneficiarlle cunha subvención de 450.000 euros para crear unha axencia de noticias.
Matas é condenado por estes feitos a dúas penas diferenciadas: 5 anos, 3 meses e 1 día de cárcere en calidade de inductor polos delitos de fraude á Administración, falsidade en documento oficial e mercantil, prevaricación e malversación, e 9 meses e 1 día de prisión polo de tráfico de influencias.
A resolución considera probado que Matas quería contar con Alemany, xornalista de “dilatada traxectoria” e “afín a posicionamentos do Partido Popular”, pero este último non desexaba que se lle contratase como asesor externo do Govern porque quería “manter o anonimato” como tal e seguir dedicándose ás súas empresas e á súa actividade como articulista en “O Mundo/O Día de Baleares”.
Isto último, destaca a sentenza, reportaba a Matas, dada a afinidade do xornalista co PP, un “beneficio” ou ben á súa persoa ou ao seu partido.
Onde está agora Mariano Rajoy que poñia a Matas como exemplo de bon goberno dunha comunidade autónoma e que é do noso Superdelegado Sr. Toruis que presumía de nomear a un ministro, agora corrupto, cabaleiro do Albariño. A Toruis podiaselle aplicar aquilo de “Dime con quen andas e direiche quen eres”. Luis Aragunde que daquela xa era tamén concelleiro destacado no goberno de Touris, como actual Alcalde e “Copeiro Maior” do Capitulo Serenisimo e o Secretario Sr. Piñeiro deberían revocar o nomeamento deste corrupto como Cabaleiro do Albariño para limpar a imaxen da vila de delincuentes coma este.
Ningún comentario:
Publicar un comentario