Desde fai algúns anos o turismo enolóxico está avanzando en Galicia e situándose como unha atrainte oferta turística e xa son moitas as adegas que reconverteron parte das súas instalacións(antigos pavillóns de caza, adegas antigas, conventos anejos) en luxosos hoteis.
Galicia Experiencie ofrece a posibilidade de quedar unha noite nun Parador das Rías Baixas, incluíndo unha visita a unha das súas adegas.Esta innovadora proposta de Galicia Incoming estase revelando como unha actividade de gran potencial a nivel nacional e internacional. Trátase dunha tendencia
aberta á imaxinación, que dá lugar a multitude de alternativas e combinacións distintas, pero sempre tendo ao viño como elemento principal.
aberta á imaxinación, que dá lugar a multitude de alternativas e combinacións distintas, pero sempre tendo ao viño como elemento principal.
Neste aspecto, cada vez son máis as adegas que se dedican a combinar o enoturismo en adegas vitivinícolas en busca da tan desexada “desconexión laboral”, coa gastronomía, algo do que presume con certa vantaxe a cultura galega. Todos poderán gozar de multitude de alternativas, desde visitas guiadas, ata curso de catas e maridaxes en restaurantes.
Esta oferta en particular combina a visita á adega Pazo de Fefiñáns e aloxamento esa noite no Parador de Cambados, dando a oportunidade de aproveitar a viaxe e coñecer a súa contorna, os seus pobos e as súas xentes, a súa historia e os seus monumentos.
ALOXAMENTO, CATA E DEGUSTACIÓN
A oferta inclúe unha noite de aloxamento no Parador de Cambados, con almorzo e cea incluídos, ademais da visita á adega Pazo de Fefiñáns cunha cata dos seus viños. Existe a posibilidade de ampliar noites e combinar as estancias nas diferentes Denominacións de Orixe. O custo desta pequena viaxe sería de 101 euros por persoa nunha habitación dobre.
No Pazo de Fefiñanes (Cambados) atópanse as adegas Palacio de Fefiñanes SL da denominación de orixe Rias Baixas da subzona do Val do Salnés. A adega está instalada nos sotos do nobre Palacio de Fefiñanes, un edificio renacentista do S. XVII. É un edificio de dous corpos en forma de L cunha torre almenada na que sobresaen dous balcóns circulares na esquina con forma de púlpito.
É a adega máis antiga da zona, foi creada en 1904. Foron os primeiros en embotellar e etiquetar un albariño, o Albariño de Fefiñanes, cuxa marca foi rexistrada en 1928.
O Parador de Cambados sitúase no que foi o Pazo de Bazán, un casarón nobre do século XVII nun dos pobos máis bonitos de Galicia, na Ría de Arousa. Entre as súas luxosas instalacións, coidados xardíns e un precioso patio interior, conta con luminosas habitacións de confortable estilo clásico e cunha piscina exterior.
Tamén conta cun restaurante co sinal dos Paradores Nacionais, con pratos de especialidades locais que en Cambados se basean nas empanadas, os mariscos e peixes, acompañados dos afamados viños galegos.
Para máis información ou reservas: www.galiciaincoming.com
FOTOS: www.eduardoapariz.net
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario