2 de mar. de 2012

TOURIS RELEGA A UN SEGUNDO PLANO AS REFORMAS NO CABANILLAS. PARA O PP FOI MAIS URXENTE ARREGLAR A CULTURAL

 “Haberá que esperar a que mellore a actual situación económica xa que nesta época toca priorizar as necesidades máis urxentes”, con estas palabras textuais o “Mini” Delegado Touris despachou o Director Moncho Martinez e o vicedirector Alejandro Garcia. O Partido Popular con Toruis e Aragunde a cabeza
consideraron moito mais urxente arreglar a Sociedade Cultural  invertindo nesta institución privada nada mais e nada menos que un millón de euros antes que invertir en Educación, saben perfectamente Touris e Aragunde  que os rapaces non votan.  O IES Ramón Cabanillas ven sufrindo un desprezo case total por parte da administración actual da Xunta de Galicia e falo por coñecemento propio xa que formo parte do Consello Escolar do citado centro. Se realmente hai algún sitio onde invertir urxentemente “queridos e estimados Toruis e Aragunde” e na Educación aspecto no que precisamente vos falledes con frecuencia.
O “Ramón Cabanillas” expón a ampliación do instituto e reclama melloras urxentes 
O director e o vicedirector explicaronlle con todo luxo de detalles  que sofren cortes eléctricos e o tellado da biblioteca está en mal estado, así como para solicitarlle o ciclo superior de enoloxía e expor a futura ampliación do centro.
Os representantes do instituto cambadés, presentaronlle o  responsable provincial os asuntos que preocupan á comunidade educativa. Entre eles destacaron a necesidade de solucionar as deficiencias existentes no tellado da biblioteca, tanto polas uralitas que a conforman como pola estrutura, así como problemas de tensión que, segundo eles, sofre o centro con bastante frecuencia, chegando a provocar algún corte eléctrico.
Tamén aproveitaron a reunión para pedirlle a Cores Tourís que traslade unha demanda á Consellería de Educación. Queren un ciclo superior de enoloxía, unha vez que xa contan co medio desde fai 12 anos e resulta moi atractivo para os mozos. De feito, segundo a Xunta, uns 150 alumnos formáronse nesta especialidade relacionada cun dos sectores máis importantes da comarca do Salnés.
Outro das formulacións de Moncho e Alejandro  foi que “se teña en conta a posibilidade de executar non futuro a ampliación do actual centro”. 

Ningún comentario: