20 de mar. de 2012

MARIBEL IGLESIAS BALDONEDO, 9º PREMIO RAMÓN CABANILLAS.

As librarías Ramón Cabanillas e Contos acordaron conceder o 9º Premio Ramón Cabanilas a Maribel Iglesias, profesora do I.E.S. Francisco Asorey e historiadora. O acto de entrega será o 19 de maio ás 21,00 horas no Auditorio Municipal de Cambados con música e poesía, seguramente ampliaremos esta información mais para diante cando os organizadores nos ofrezan mais datos. De momento,  para min,  personalmente pareceme un premio mericidisimo a unha das  persoas, senón a que mais, sabe do escultor da
raza Francisco Asore, incluso ten un blog que é unha verdadeira maravilla adicado  o escultor que serve  moitas de veces de consulta os alumnos http://pacoasorey.blogspot.com.es/ . Unha magoa que no ano Asore recenetemente finalizado o Concello de Cambados, seguramente por motivos politicos, non financiara un libro sobre Asorey que estou seguro que algún día sairá a luz.
Maribel Iglesias Baldonedo é venezolana de nacemento e cambadesa, por decisión , dende hai preto xa de 19 anos. Licenciada en Xeografia e Historia. Impartiu clases no Instituto Ramón Cabanillas e, desde hai dez anos, no Francisco Asorey. Maribel é unha persoa que gosta de achegarse e profundizar na realidade e na proximidade, para conseguir a implicación e a complicidade do alumnado, e desenvolver o rigor e a profundidade investigadora nos temas de traballo. Como resultado deste labor deu á luz outros traballos como “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía", publicado en 2005 por lo IES Francisco Asorey. No 2009 publicou en solitario “Ramón Cabanillas Enriquez – Bioagrafia en Imaxes”, que foi editado por Candea asociación  presidida por  Adela Leiro e autora do prólogo deste derradeiro libro de onde sacamos parte destes datos. Maribel foi na lista do BNG nas derradeiras eleccións municipais.
                

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: