O Diario de Arousa de onte comenzaba así a sua nova con respecto a Falange; “Ao redor de medio centenar de persoas vinculadas directamente á Falanxe Española reuníronse onte pola mañá nas inmediacións do Hotel-Pazo O Rial para participar nun “acto íntimo, case familiar”.
Pola súa banda a Voz de Galicia iniciaba así a a súa nova “Unhas cincuenta persoas ocupaban onte os asentos da casa de cultura de Barrantes (Ribadumia) cando se deu por inaugurada a primeira reunión convocada polo Encontro Irmandiño no Salnés.” E non seu eu o que fago as comparenzas senón os propios medios.
Pola sua parte para Falange o de domingo, segundo algúns dos presentes, non era “nin un mitin nin un acto de carácter político, aínda que evidentemente tamén imos falar desta cuestión”, senón “un acto familiar no que nos reunimos, falamos das nosas cousas e tamén seguimos en contacto”. É o segundo ano que os membros desta agrupación reúnense en Vilagarcía aínda que os asistentes ao acto non só eran da comarca do Salnés, senón que chegaban desde distintos puntos da provincia de Pontevedra. No acto estiveron presentes militantes de todas as idades, moitos deles vestidos coa camisa azul coa insignia vermella da Falanxe. O evento contou cunha primeira parte de tinguidura máis política no que se falou dunha ?Falanxe moderna? e outra segunda máis coloquial. Noutras democracias mais avanzados esta clase de actos seudos fascistas estarian prohibidas, caso de Alemania que considera delito o nacismo.
Pola súa bando Encontro Irmandiño por medio do seu portavoz , Ramón Mouriño, explicaba minutos antes de que se iniciase a sesión -á que se seguiu sumando xente- que a cita pretendía dar resposta a «toda a xente que durante todas estas semanas foi contactando connosco, pedindo información» sobre un proxecto que moitos nacionalistas agardaban coa mesma ansiedade coa que toda Galicia espera este inverno a choiva. Esa primeira toma de contacto tiña dous obxectivos: «Por unha banda, debater ou modelo de organización arredor dá cal deberíase construír a nova referencia política, e por outro, empezar a falar xa de principios, de propostas...», explica Mouriño. O que non explicaba Mouriño é como estan “ a presionar” a certos militantes do BNG para que se convirtan en “discolos nacionalistas”.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario