Por acordo da comisión xestora nacional, convócase *xunta do plenario nacional da Plataforma Queremos Galego para a vindeira cuarta feira (mércores) 21 de marzo ás 19 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n – Campus Norte).
Os temas a tratar serán os seguintes:
1.- Situación económica da plataforma. Propostas de actuación.
2.- Proposta de convocatoria de mobilización nacional do 17 de maio.
A todas e a todos os responsábeis das estruturas locais e comarcais de Queremos Galego solicitánnos que difundamos esta convocatoria entre as entidades que participan da plataforma no noso ámbito territorial.
Como sempre recordannos, que o plenario nacional é aberto e nel teñen dereito a participar todas as organizacións adheridas formalmente a Queremos Galego.
Desde a comisión xestora entendeuse que, dado que un dos temas a tratar será a proposta de convocatoria de mobilización nacional para o vindeiro 17 de maio, é importante que este plenario nacional sirva como pulo inicial a partir do que comezar a mover intensamente a convocatoria tal e como a acordemos. Por iso vos pedimos un especial esforzo á hora de garantirdes a asistencia.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario