23 de mar. de 2012

MONTESINOS RODÉASE DE NOVOS DESEÑADORES ENTRE ELES A CAMBADESA MONICA GUILLAN

Nesta semana do trinque da primavera celébrase no centro comercial Dolce Vita o denominado I Salón de Moda. O gran protagonista do mesmo é o deseñador valenciano Francis Montesinos, que conmemora as súas catro décadas entre patróns. Mañá terá lugar un desfile onde mostrará as súas últimas creacións á beira de novos deseñadores que resultaron elixidos entre os candidatos que se presentaron a un concurso. Trátase de Carolina González,
Mónica Guillán, Nicanora e María de Janza Atelier. As modelos que lucirán as pezas tamén son froito dunha selección que levou a cabo a empresa Makua Models. En definitiva, que Montesinos, todo un veterano da moda, rodéase este fin de semana na Coruña de novos deseñadores.
Monica presentouse a un certamen de Xovenes deseñadores que  se chama “Francis Montesinos” que ten lugar en conmemoracion polo 40 aniversario do prestixioso deseñador Francis Montesinos. Él mesmo era o xurado e foi o que elixiu a Mónica  para compartir pasarela hoxe e  habera outra selección e a premiada desfilará noutra pasarela do ambito galego. Pero a titulo persoal Mónica  xa  o recibiu, segundo a propia deseñadora,  podendo compartir pasarela con este gran deseñador .
Premendo AQUÍ podes ver unha pequena entrevista a Monica concretamente no minuto 25 e no minuto1:06 podes ver a súa roupa namentras fala Francis Montesinos. Foi Emitido no programa "A Solaina" da TVG-


            

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: