O artista de Forcarei, José María Barreiro, foi o encargado de materializar a nova imaxe da Fundación Inade coas súas obras “O gaiteiro de Cela” e “O gaiteiro”.
“Fixémoslle dous encargos, un para entregar aos premiados de Inae Seguros, que outorgan cada 14 de maio; e o máis pequeno, como agasallo da casa aos colaboradores de fóra para que leven un recordo de Galicia”, afirmou onte Adolfo Campos, director da Fundación, durante a presentación da nova imaxe que tivo lugar onte no Club Financeiro.
“Ou gaiteiro de Cela” substitúe á figurilla de Sargadelos “O peregrino de Utreia”, galardón que se entregaba ata agora nos premios Inae. “É unha peza que pode ser adquirida en calquera tenda de porcelana, e queriamos darlle máis exclusividade”, aclarou Campos, quen indicou que a elección do personaxe do gaiteiro débese a que “é a figura que reúne mellor as características de Galicia”.
Durante a velada presentouse "Inade cultura", un programa de acción de apoio á acción artística e creativa galega.
A nota musical púxoa o gaiteiro Xaquín Xesteira, de Treixadura, acompañado pola agrupación “Os faíscas de Solobeira”.Inade, Instituto Atlántico do Seguro, é unha organización privada, constituída en 1999, co fin de estimular a cooperación entre profesionais e empresas para crear unha cultura en materia de xerencia de riscos e seguros, privados e sociais.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario