11 de mar. de 2012

NUMEROSOS PARTICIPANTES SÚMANSE Á CIG PARA MOSTRAR O SEU REXEITAMENTO Á REFORMA LABORAL

Eres  “express”, reducións de salarios, recortes nas indemnizacións por despedimento e unha infinidade de novas medidas foron os argumentos esgrimidos onte pola CIG para, unha vez máis e adiantandose outra vez os sindicatos españolistas CCOO er UGT, saír ás rúas de Vilagarcía a mostrar o seu rexeitamento á reforma laboral. Nesta ocasión, moito mais de  medio milleiro de persoas secundaron a convocatoria da central
nacionalista, que durante os últimos días realizou unha intensa campaña informativa para explicar á cidadanía en xeral as consecuencias dunha reforma que está deixando un elevado número de parados e que, polo tanto, afecta ás economías familiares.
Precisamente por “eses dramas humanos” aos que moitas veces refírense os responsables da CIG na comarca, onte volveron manifestarse, nunha xornada dedicada á Clase Obreira Galega. A CIG está a traballar  moi duro contra da Petronal e o Goberno do PP que venderon os traballadores como se de Xudas se tratase.
E é que a situación non fixo máis que empeorar nas últimas semanas, segundo pon de manifesto desde este sindicato, porque a reforma, explican, suprime a autorización administrativa nos despedimentos colectivos para os novos Expedientes de Regulación de Emprego de Extinción. E é que, tal e como incidiron nas asembleas que a CIG realizou nos últimos días, a nova normativa permite realizar ERES no sector público, así como xeneralízase o despedimento obxectivo cunha indemnización de 20 días por ano e un máximo de doce anualidades.
Ademais, nas últimas semanas este sindicato tivo constancia dos primeiros efectos doutras medidas introducidas nesta reforma laboral, como é o caso das reducións de xornada e de salario.
Estas son algunhas das circunstancias que levaron a esta central sindical a mobilizarse e a tratar de trasladar o problema a unha poboación cuxa taxa de paro continúa en aumento, posto que recordan que o paro iniciou unha subida constante desde o pasado mes de setembro. Todas estas circunstancias expuxéronas nas asembleas abertas que desenvolveron en numerosos municipios da comarca, coas que trataron de facer entender á cidadanía en xeral que esta situación é un problema para todos e non só para os traballadores e os parados actuais.
Polo demais, a CIG prepárase xa para a gran mobilización que está prevista para o 29 de marzo, día para o que convocaron unha folga xeral, que acaba de ser secundada por Comisións Obreiras e por UXT.
Os sindicatos marcharán unidos durante un día de reivindicación que tamén contará cunha manifestación propia nas rúas de Vilagarcía.
E é que son numerosos os vilagarciáns e habitantes da comarca que están secundando as propostas lideradas polos sindicatos, como se evidencia no feito de que estas convocatorias están acollendo cada vez a máis persoas. E é que as cifras do paro son especialmente altas na comarca e polo momento nin sindicatos nin políticos atisban unha pronta saída a unha crise económica que ameaza numerosas economías familiares. Estivo presente na manifestación o BNG a nivel comarcal coa asistencia portanto unha pancar de Xoan Allegue, Montse Prado, Victor Caamaño, Maria Xosé Cacabelos etc. 
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: