O vindeiro fin de semana remata a Liga Regular para os equipos de Segunda A senior e os tres de Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil.
Cos deberes xa feitos, o equipo senior recibe ó CV Boiro, ambos instalados na zona media da tabla. O domingo 18 ás sete enfrontaranse no Pombal, tras o partido de volta da Liguilla de ascenso que disputan as cadetes B contra as cadetes de Boiro que se celebra as cinco. As cambadesas necesitan remontar un contundente 0-3 do partido de ida.
O sábado 17 pola tarde a partir das catro cerran a Liga no Pavillón Municipal do
Pombal as infantís, cadetes e xuvenís contra o CV Ourense. Xuvenís e Cadetes coa tranquilidade da permanencia e as infantís preparando os cruces para evitar o descenso.
Pombal as infantís, cadetes e xuvenís contra o CV Ourense. Xuvenís e Cadetes coa tranquilidade da permanencia e as infantís preparando os cruces para evitar o descenso.
Os equipos infantil B, alevíns e benxamíns descansan esta xornada esperando a seguinte concentración a celebrar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o próximo fin de semana.
Os resultados actualizados podédelos atopar en http://www.xavcambados.blogspot.com/.
Partidos do 17/18 marzo
2ª DIVISION A FEMININA
18/03/2012 19:00 O Pombal
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA
17/03/2012 19:00 O Pombal
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
17/03/2012 17:30 O Pombal
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
17/03/2012 16:00 O Pombal
LIGA ZONAL CADETE
FEMININA
Play Off
18/03/2012 17:00 O Pombal
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario