16 de mar. de 2012

XENTE DA ARTE APOIA A EXPOSICIÓN DE EMERITA

A obra da pintora Emérita Méndez continúa exposta no Pazo de Torrado para o goce dos visitantes destas instalacións. Trátase dunha selección da súa produción pictórica en diferentes épocas, mostrando tanto pinturas como debuxos ou gravados, desta artista nacida en Lugo pero residente en Cambados desde fai moitos anos. A inauguración da mostra tivo lugar a semana pasada e contou coa presenza de artistas da comarca como o escultor Lucas Míguez, creador do monumento en honra a Francisco Asorey, así como doutras pezas creadas para outras localidades. O seu mundo persoal, ademais da música e do cine, está influenciado en gran parte pola
literatura e a ilustración e isto tradúcese nun ambiente post romántico que impregna toda a súa obra, da cal emana unha gran personalidade. 
                 

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: