16 de mar. de 2012

“CASO COSTAS”, ASI COÑECEN NO CONCELLO DE CAMBADOS O LIO ENTRE AS FUNCIONARIAS.

Luisiño Aragunde xa non parece tan bo como aparenta entre os cambadeses , o “meu amigo” Luis, recibindo órdes da “superioridade” está a tratar de poñer un pouco de orde dentro da “Casa dos Lios” ou sexa o Concello. Xa coñecemos como nominan no Concello o lio que houbo entre a Secretaria e unha empregada publica, denominano “CASO COSTAS”, e no concello saben perfectamente o que nos estamos a referir. É mais, as dúas derradeiras cifras do número do expedente en cuestión e o dun número de mal agüero. Sabemos sobradamente ,
como xa dixemos neste blog,  que no trasfondo de todo isto está o “ROLLO DO URBANISMO”, a fronte está o rexidor máximo da nosa vila, e “despois todo o sequito”,  dos cales sabemos o nome e cargos  pero que por agora non imos dar. Recentemente un funcionario con apelido dun elemento co que se fai o pan foi retirado do departamente de obras por expresa petición do seu proxenitor. Parece ser, agás sorpresa maiuscula en contrario,  que estes dias vai ter lugar o cese doutro alto cargo  no Concello de Cambados, segundo as nosas informacións porque está a descubrir a “orixe” do “rollo do urbanismo”. Todos os cambadeses sabemos que no concello de Cambados hai certas irregularidades (polo de agora imolle chamar asi)  na materia que estamos a tratar, o problema é o mutismo existente no concello, pero “todo se andará”.  O mellor estes dias igual contamos algo, e valga a redundancia, en forma de conto.
                   

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: