15 de mar. de 2012

UN CONGRIO “DE MEDO”

Hipólito Polo e o seu compañeiro de embarcación pescaron estes días un deses exemplares que quedan para os libros de records. A tan só 500 metros de Vilaxoán e no medio dun lance no que buscaban chopos e volandeira a rede capturou este exemplar.
Ao chegar á lonxa de Cambados o congro foi pesado e medido no medio do asombro dos presentes, arroxando un espectacular peso de 61 quilos e algo máis de 2,5 metros de lonxitude.
O animal quedou na lonxa, para ser poxado, pero non apareceu ningún comprador interesado, xa que se trata dunha femia e son os machos os que teñen interese comercial nesta especie. Hipólito Polo non cre que llo leve para casa, aínda que lle gusta o congro. "Sacámolo do mar porque estes animais tan grandes devórano todo ao seu ao redor".
Nestes tempos onde a pesca é tan intensiva e son centos as embarcacións que peitean a Ría de Arousa que un espécime alcance estas medidas resulta moi raro, sexa como sexa, o congro escolleu un mal día para abandonar o seu refuxio ou sinxelamente acabóuselle a boa sorte.
Nova recollida de www.cambadosbeb.net 

                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: