O BNG DO SALNÉS INTENSIFICA O SEU APOIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA ESTAFA DAS PREFERENTES E INICIA UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA EN CAMBADOS E NO RESTO DO SALNÉS
En Cambados, non hai un, nin dous, nin tres afectados polas "preferentes" de Nova Caixa Galicia persoas que entregaron uns cartos nesa entidade e que agora non llos queren devolver, explicado isto de xeito moi
resumido, hai moitas persoas afectadas que recibirán o apoio do BNG. As persoas afectadas pola estafa bancaria das participacións preferentes intensificaron as súas mobilizacións ao longo das últimas semanas.
resumido, hai moitas persoas afectadas que recibirán o apoio do BNG. As persoas afectadas pola estafa bancaria das participacións preferentes intensificaron as súas mobilizacións ao longo das últimas semanas.
Pretenden denunciar a situación pola que están a pasar e esixir que o goberno galego adopte as medidas precisas para defender os seus dereitos. Lonxe de conseguilo, os afectados atópanse coa censura e co desprezo por parte da Xunta de Galicia. Esta, está máis preocupada por facer propaganda que por defender ás vítimas das entidades bancarias. Unhas entidades que amosan, máis unha vez, a súa voracidade e falla de ética ao enganar a persoas que lles puxeron a súa confianza e os seus aforros nas mans. O BNG, solidario con estes afectados, denunciou a situación no Parlamento Galego e presentou diversas iniciativas que son coñecidas xa polas plataformas de afectados coas que mantiveron diversas reunións na capital de Galicia.
É indiscutíbel que a Xunta de Galicia ten mecanismos legais e políticos para obrigar ás entidades bancarias a devolver os cartos aos afectados. Se non o fan é porque Núñez Feijoo e o Partido Popular amosan a súa submisión aos poderes financeiros.
Ademais, aínda hoxe hai moita xente que descoñece esta realidade e estamos certos de que hai persoas estafadas que non saben que teñen os seus cartos bloqueados nas chamadas participacións preferentes.
A nosa comarca non é allea a esta realidade. Aquí hai constituído algún colectivo de afectados mais saben que a maioría da poboación carece da información necesaria para comprender o alcance desta grande estafa.
É por isto que nos vindeiros días intensificarán o traballo de información á cidadanía na nosa comarca. Só deste xeito e coa suficiente información coñeceremos o alcance real do impacto desta grande estafa nos nosos concellos. Esta campaña consistirá en: repartir material na rúa, organizar charlas informativas, etc.; ademais non dubidarán en impulsar calquera iniciativa que consideremos de interese. O BNG sempre o veira dos proboemas dos cidadáns.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario:
Publicar un comentario