17 de abr. de 2012

A OBRA DAS CERCANIAS DE SAN ANTÓN A PALESTRA.- O ALCALDE NÉGASE A RECIBIR A UN CONCELLEIRO DO BNG.

O pasado 30 de marzo publicabamos neste blog unha estrana obra nas  cercanias de San Antón- A Modia, xa que non tiña ningún cartel identificativo como é preceptivo, grazas a denuncia de varios veciños do lugar que se interesaron polo tema. Hoxe sen ir más lonxe, na miña cualidade de concelleiro do BNG fun o concello coa intención de proceder a visionado do expedente , se o houbera,  para informarvos a todos vos e sobre todos os incrédulos veciños da Modia que non dan creto o que estaban a ver. Sabia de antemán que non ia ser recibido cunha alfombre vermella no
concello máis ben todo o contrario a fama que ten este blog e quen o rexenta entre algúns funcionarios do concello é de sobre coñecida. 
Cheguei o concello sobre das once corenta e cinco horas aproximadamente, dirixime a funcionaria de obras e servizos a cal tras decirlle “bos días” nin se dignou contestarme o meu saudo. Pedinlle educadamente se podia facilitarme o número de expedente que se está a seguir pola “pelada” dun monticulo nas inmediacións de San Antón e dixome cabizbaixa que non habia un expedente senón dous sobre o tema concretamente os números 46/12 e 81/12. entón pregunteille se como concelleiro podia velos, ela dixome que tiña que solicitalo por escrito, diriximo a planta baixa e solicito en rexistro por escrito tal visionado, subo con copia do escrito e vexo que a funcionaria en cuestión xa non está, polo que me dirixo a unha compañeira e esta dime que espere un momento e vaillo consultar a funcionaria de marras , ven de volta e dime, “tes que pedirllo o alcalde”.  Cando anteriormente  sempre se fixo asi e nunca houbo ningún problema.
Enton vexo que hai duas persoas para falar co alcalde, dirixome o funcionario que fai as funcións de “secretario personal” de Luis solicitando vez para entrar dime que espere que agora me atenden, espero, espero, espero, espero e espero e despois de transcurrido un tempo mais que prudencial o funcionario en cuestión dime que o Alcalde non me vai atender xa que está reunido, entón digollo se non mo podia haber dito antes e estou en horas de traballo e contestame o funcionario en cuestión de xeito altivo e chulesco e eu tamén estou traballando, e dinxelle pero  eu tiven que pedir permiso para vir aquí e ti non, on sexa que si fas o favor dille o alcalde se me pode recibir  ou polo menos que me diga cando podo mirar os expedentes, entrou novamente o funcionario no despacho do Alcalde e dixome, mira non te vai a atender porque está reunido. Como dicia unha compañera miña de estudos “mentira cochina” estaba a  a falar con Tenente de Alcalde. Porque non queren deixar ver estes expedentes desta obra onde o parecer están implicados concelleiros e cargos públicos do PP, porque este oscurantismo no Concello, porque este trato difamatorio a todo un concelleiro elexido polo pobo, eu non quero ningún trato de favor, pero tampouco vexo de recibo que se trate con este desprezo a unha persoa con mais ou menos votos, escollido polo pobo. 
E despois temos que escoltar a Luis dicir que hai transparecencia no concello de Cambados, educación e saber estar, iso non o cree nin él, pero si pensan que me vou a arrugar teñeno claro, teño a sorte de ter esta especie de altavoz para contarvos estas cousas e por suposto non lle teño medo ningún, nin o Alcalde nin o PP nin a ninguen.  E por suposto que quero aclarar que non meto no mesmo saco a todos os funcionarios do concello neste causo so foron dous ademais do Alcalde os que actuaron de xeito deliberado contra min raiando a mala educación e falta de respeto total a un cidadán que cos seus impostos axuda  a pagar o seus soldos. Do alcalde que queredes que vos diga o “que algo agacha e que algo teme”. Sain do doncello eran as trece e quince horas. Lamentable, que non faron con outros veciños, senón que lo pregunten a Cuñarro.
                          
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


1 comentario:

o quinto dixo...

ser un concejal votado por el pueblo no sirve para nada la democracia es la dictadura de la mayoría el alcalde pasa por el forro a los que no le besan o cu de todas formas en cualquier empresa multan por no tener todo lo que la ley manda entre otras cosas un cartel donde diga promotor presupuesto etc porque nadie denuncia donde esta la ley