17 de abr. de 2012

CAMBIOU DELIBERADAMENTE O CONCELLO A FESTA DA BICICLETA PARA ECLIPSAR O MARATÓN DE OUBIÑA?

No libriño “Cambados Cooltural” sacado fai poucos dias a rúa polo concello podemos ler na súa páxina 8 “1 de maio (martes). A partir das 11.00 h. Na Praza de Fefiñans a XXI festa da bicicleta”. Nalgún medios de prensa de hoxe lemos que o concello sen explicar a motivación troca o dia da festa da bicicleta para o domingo  6
de maio, dia en que se vai tamén celebrar outro evento moi importante na vila o “Memorial Manuel Mariño”. Constanos que no Concello sabian de antemán o da celebración da carreira pedestre en Oubiña. Cambiou deliberadamente o concello a Festa da bicicleta para eclipsar o Maratón de Oubiña?. Pois non nos extranaria nada todos sabemos que afortunadamente a Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña e unha das poucas asociacións en Cambados que non controla e mangonea o concello, pero de seguro que nos saldrá o ínclito Luis Aragunde con algunha explicación froidiana para convencer os seus fanaticos, pero o feito esta ahí e non se solucionará o problema se alguén non lle pon remedio.

                         
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



2 comentarios:

ita dixo...

casi ninguén, sabe que o dia 1 de maio non hai festa da bicicleta. Que vergoña para un axuntamento que cambia por que sí un día por outro. Temos o que merecemos.

ita dixo...

casi ninguén, sabe que o dia 1 de maio non hai festa da bicicleta. Que vergoña para un axuntamento que cambia por que sí un día por outro. Temos o que merecemos.