Boto man do dicionario para buscar a palabra “Banco”, e aparte de outras definicións, di: “Institución económica que se adica a tomar diñeiro a prestalo e a outras operación de banca”
Non contento con esta definición, busco a palabra “banca” e di o seguinte: “Conxunto de entidades financeiras que constitúen un sistema bancario. Comercio resultante das diversas operación efectuadas nos bancos”.
En solidariedade con moita xente estafada por esas entidades nos famosos créditos preferenciais, sen ánimo de entremetérseme no traba dos señores filólogos, eu engadiría no seu vindeiro traballo a hora de actualizar o futuro dicionario da Real Academia Galega sobre as palabras “Banco” e “banca”, coa seguinte definición: “Institucións económicas e financeiras con ánimo de moito lucro, que constitúen un sistema bancario adicado a malversar fondos públicos e privados no seu beneficio propio, evadindo miles de millón de euros o ano e esquecidos en ocultos paraisos fiscais. Só rezan números e claves que se lles perde a pista nun mundo inexistente de virtuais emporios”.
Da mágoa ver como o sistema bancario español e galego, pasa polo forro a lei e os valores morais e éticos, que son a columna vertebral de toda sociedade vangardista e avanzada que se prece, creando coa súa maneira de xestionar e proceder un estado de sitio perante a mirada pasiva da inmensa maioría de sindicatos, gobernantes políticos e lideres relixiosos.
Comicio tras comicio, vemos como, os gobernantes elixidos nas urnas e os desvergonzados grupos financeiros que os apoian espolian as riquezas do país se ningunha clase de escrúpulos, facendo diferencias sociais e clasistas insalvables, creando bolsas de pobreza de indixencia que case nos transportan a Idade Media. Esa mesma xente que perdendo vai estatus social, perpetuándose na vasaiaxe os novos ricos. Querendo ou sen querelo, son o oxídeno que mais que nunca necesita o centro dereita socialista e a extrema dereita Partido Popular para perpetuarse no poder.
E así nos vai, se non reaccionamos a tempo e paramos como sexa, este roñento e carroñeiro capitalismo salvaxe que deambula como quere polo espectro das nosas vidas. Recuperemos a dignidade e loitemos.
UN ARTIGO DE MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario